As riadas do río Xallas estragan cultivos de herba en Dumbría, Zas e Mazaricos

Os afectados demandan unha mellor regulación dos niveis do encoro

G24.gal 08/11/2023 16:41 Última actualización 08/11/2023 17:03

Gandeiros de Dumbría e Mazaricos quéixanse dos estragos que lles causan as riadas provocadas polas aperturas de seguridade da presa da Fervenza. A auga liberada estes días derramoulles a sementeira de herba nunha ampla zona das dúas marxes do río Xallas e temen que a situación se repita coa chegada de novas borrascas.

A chuvia continuada das últimas semanas foron achegando o nivel da auga a cotas máximas no encoro da Fervenza. E como atrás dunha borrasca veu outra acabaron abrindo as comportas para evitar rebordamentos. Pero estas aperturas de seguridade da presa provocan problemas río abaixo.

Os afectados pola riada nas agras de Dumbría, Zas e Mazaricos atribúen a enchente do Xallas a unha mala xestión dos niveis do encoro.

"Que non se repita moitas veces, porque se non, unha vez tras outra, isto morre todo", sostén un gandeiro da zona.

Tal como está a presa de chea, temen que a chegada de novas borrascas obrigue a desaugala máis veces e iso faga inviable polo momento a reposición dos cultivos afectados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos