Aos xogadores do Deportivo pásalles factura o medo escénico de Riazor
O principal patrimonio do club son os 28.000 socios, pero adestrador e xogadores recoñecen a presión de xogar como locais
Este é o principal patrimonio do Deportivo, ter máis de 28.000 socios. Unha afección que enche Riazor, pero tantas expectativas e ilusión están a pasar factura. Mesmo os máis veteranos recoñecen os problemas que supón xogar na casa e falan do medo a defraudar unha afección entregada.
Por iso non estraña que haxa xogadores que pidan a axuda dun psicólogo para reconducir a situación. Este ano o Deportivo non sabe o que é gañar na casa despois de catro partidos. Curiosamente, o ano pasado os problemas do equipo coruñés estaban cando xogaba como visitante porque co respaldo da súa xente só perderon un partido en toda a temporada.