Publicador de contidos

Publicador de contidos

Antonio Hidalgo ábrelle a porta a Luis Chacón para unha nova cesión

Antonio Hidalgo ábrelle a porta a Luis Chacón para unha nova cesión

O adestrador pon a decisión nas mans do xogador de Pontedeume e considera que a competencia no seu posto "é moi forte"

G24.gal 08/08/2025 20:47

Antonio Hidalgo ábrelle a porta de saída a Luis Chacón para esta temporada. Despois de ser titular diante do Oviedo o de Pontedeume parecía máis preto de ter ficha co cadro deportivista pero o adestrador considera que "a competencia no seu posto é grande". 

"Queremos que medre aquí ou noutro lugar e nun futuro poida ser un xogador importante para o Dépor" entende Hidalgo, en plena sintonía coa dirección deportiva. Tamén sabe que "é un xogador con cartel na Segunda División" e que varios equipos preguntaron pola súa situación.

O xogador podería volver á Cultural Leonesa nun segundo ano de cesión despois do exitoso curso pasado. Chacón converteuse en peza fundamental para o ascenso con trece goles en 37 partidos (34 como titular). Xa o ano anterior marcara a diferenza no Arenteiro en Primeira Federación, unha categoría que lle quedou moi pequena. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade