Alfon fai méritos para a súa renovación, co Sevilla chamando á porta
Titular nos últimos catro partidos, Alfon está a ser un dos xogadores máis diferenciais do equipo de Claudio
Remata contrato no mes de xuño e pasou a ser un xogador moi cobizado
Coa camiseta celeste ou coa negra da Reconquista o goleador do momento no Celta é Alfon González. Cunha boa acción individual supeou a Bajcetic e marcou o 1-0 xusto antes do descanso. Anotara o tanto da vitoria contra o Leganés. Fronte as Palmas só serviu pra empatar. Pero o manchego, pendente de renovar co Celta, xa sona para reforzar outros equipos. Víctor Orta, secretario técnico do Sevilla, anda detrás dos seus pasos. O seu gran rendemento e que chegaría sen ter que pagar un euro fai de Alfon unha peza moi cobizada no mercado.
O "factor Giráldez" pode ser determinante. O mellor rendemento de Alfon no fútbol chegou da man do seu actual técnico do Celta. Primeiro no Fortuna e agora no primeiro equipo. Poucos apostaban porque lle daría un dorsal ao rematar a pretemporada, pero Claudio sempre apostou polas súas calidades. E nas anteriores experiencias fóra de Vigo a Alfon non lle foi ben. Só temos que lembrar os discretos números que acreditou en Santander e Murcia.