O xiro de Carlos Blanco sobre o cambio na presidencia do Celta
"Vai a ser un ano moi especial, ata pode que teñamos presidenta", dixo no final do seu discurso o actor e presentador do acto do Centenario
Estaba a despedir o acto da presentación do Centenario o actor e presentador Carlos Blanco agradecendo a presenza na sede do Celta de todos os convidados e deixou unha mensaxe que non deixou a ninguén indiferente.
"Vai ser un ano moi especial, ata pode que teñamos presidenta. Nunca se sabe. Ata pode que teñamos cousas moi importantes que celebrar o ano que vén. Que non falte afouteza, que non falte corazón", foi o xeito de rematar o discurso antes de dar paso á actuación musical.
Todas as olladas se pousaron sobre Marián Mouriño, filla de Carlos Mouriño e administradora única do grupo corporativo GES. Haberá que estar moi atentos por se en 2023 se produce o relevo á fronte do cadro vigués.