A UD Ourense remonta en dous minutos contra o Fabril no Couto (2-1)
Nájera adiantou ao filial nunha acción polémica na primeira metade
Rufo e Gamarra déronlle a volta ao resultado, para que a UD acadase a terceira vitoria consecutiva
O Fabril encadea dúas derrotas e tres xornadas sen gañar
O derbi galego que abría a novena xornada na Segunda Federación confirmou as tendencias dos dous equipos. O Fabril chegaba como líder, pero despois de encadear dous partidos sen gañar, e con ata sete baixas no equipo. Pola súa banda, a UD Ourense buscaba na casa a terceira vitoria consecutiva na súa temporada de estrea na Segunda Federación.
Na primeira metade, os coruñeses adiantáronse nunha acción moi protestada polo Couto, logo de que Parri caera diante de Dipanda e pedira falta do fabrilista. O balón caeulle a Nájera que, no día en que facía 100 partidos co equipo, non perdoou.
Moveu o banco Borja Fernández no descanso, metendo a Rufo e Jaichenco, e a aposta deu os seus froitos. O cadro das Burgas, o menos goleador do grupo, fabricou dous tantos en dous minutos diante do menos goleado. Levaron a signaura de Rufo. O prmeiro marcouno el a pase de Justino. E o segundo púxollo nas botas a Gamarra, que definu á perfección.
Terceira vitoria consecutiva da UDO, que se asenta na part alta. O Fabril, que acumula tres sen gañar, segue de líder á espera dos partidos do domingo.