Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tebas: "Está en risco a reputación do Barça e da competición. Síntome avergoñado"

Tebas: "Está en risco a reputación do Barça e da competición. Síntome avergoñado"

A RFEF tamén comparecerá no "Caso Negreira"

Nunha nota oficial a informa que "remitiu ao director de Integridade da UEFA o informe do departamento de Integridade da Federación"

G24.gal 16/03/2023 12:15 Última actualización 16/03/2023 21:37

Javier Tebas volveu falar do Caso Negreira. Di que non cre que o Barcelona comprara árbitros e lamentouse das consecuencias a nivel de reputación que pode facer este caso tanto ao club blaugrá como o fútbol español.

A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) pola súa parte anunciou que comparece no procedemento, "unha vez admitida a trámite polo Xulgado de Instrución número 1 de Barcelona a denuncia da Fiscalía polos pagamentos do FC Barcelona ao exvicepresidente do Comité Técnico de Árbitros José María Enríquez Negreira".

Nunha nota oficial, a RFEF informa que remitiu ao director de Integridade da UEFA o informe do Departamento de Integridade da Federación e toda a documentación que lle dá sustento ao escrito.

A RFEF afirma que está a colaborar desde o primeiro momento coas autoridades competentes para facilitar ao máximo o traballo de investigación sobre estes feitos que son anteriores ao actual equipo de xestión.

"A UEFA", engade a nota, "tamén foi informada da comparecencia no xulgado por parte da RFEF. Ao mesmo tempo, trasladouse ao CSD, con copia ao FC Barcelona e ao CTA, o mencionado informe elaborado polo departamento de Integridade".

O órgano federativo reitera o seu "compromiso incuestionable neste asunto, iniciando unha investigación interna tan pronto se soubo do caso". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade