Publicador de contidos

Publicador de contidos

A reacción do Compostela permítelle sacar un punto de Zorrilla

A reacción do Compostela permítelle sacar un punto de Zorrilla

Chegou ao descanso perdendo por 2-0, pero empatou cos goles de Jaime Santos e Darío

G24.gal 23/04/2023 13:52

Paso moi importante do Compostela na súa aspiración de xogar a fase de ascenso a 1RFEF. Tiña un partido moi complicado no campo dun rival directo como o Valladolid Promesas e sacou un empate que sabe a vitoria (2-2). 

Ao descanso tinguírase de negro o partido. Os goles de Cedric (minuto 25) e de Marono (no 33) poñían costa arriba o encontro para un Compostela que mesmo podía saír dos postos de play off

A reacción na segunda parte comezou co gol de Jaime Santos no 50. Juan Carlos Andrés meteu trocos ofensivos e o Compostela acadou o empate co tanto de Darío Germil no 72. Buscou ata o final o equipo santiagués a posibilidade de marcar un terceiro gol pero o partido acabou co empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar