Publicador de contidos

Publicador de contidos

A paixón polo Celta desbordase á chegada do equipo a Vigo

A paixón polo Celta desbordase á chegada do equipo a Vigo

Marián Mouriño: "Temos que seguir soñando todos xuntos"

Claudio Giráldez: "É un día fermoso para todos os celtistas e todos os galegos"

G24.gal 25/05/2025 08:57

Ás dúas e media da madrugada aterrou o avión que trouxo o Celta a Peinador. Milleiros de seareiros do Celta subiron ata o aeroporto para festexar co seu equipo a clasificación do cadro vigués para a vindeira edición da Europa League. Unha das máis emocionadas era a presidenta Marián Mouriño que atendeu o micrófono da Televisión de Galicia: "Sempre cremos que era o noso ano. Temos que seguir soñando todos xuntos", afirmou.

Outro dos que levou máis gabanzas e berros foi o adestrador Claudio Giráldez. Hai un antes e un despois na traxectoria e filosofía do equipo desde a súa chegada e iso quere premialo a afección. "Moi bonito, é un día fermoso para todos os celtistas e galegos. O partido foi un resumo da temporada, si seguimos crendo e facendo o de sempre os resultados acaban chegando" asegurou Giráldez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos