Publicador de contidos

Publicador de contidos

A organización PETA pide a Chayanne que cambie o nome da canción "Torero" por "Bombero"

A organización PETA pide a Chayanne que cambie o nome da canción "Torero" por "Bombero"

Consideran que o seu tema en defensa dos touros "podería interpretarse como unha exaltación da tauromaquia"

O cantante Chayanne durante unha actuación/Foto de arquivo/Europa Press
G24.gal 30/04/2025 20:59 Última actualización 30/04/2025 21:53

A organización internacional Persoas polo Trato Ético dos Animais (PETA) enviou unha carta ao cantante portorriqueño Chayanne pedíndolle que cambie o nome da súa canción 'Torero' por 'Bombero', "en homenaxe ao valor e dedicación dos bombeiros".

Piden ao cantante que cambie o nome da súa canción en defensa dos touros "xa que podería interpretarse como unha exaltación da tauromaquia", e destacan que sete de cada dez españois opóñense a estes "eventos sanguentos".

"Glorificar a homes que atormentan e matan animais por entretemento simplemente non está en sintonía cos valores modernos", escribiu a vicepresidenta de PETA, Mimi Bekhechi.

Unha proposta que lle chega ao cantante en vésperas de comezar a súa xira Bailemos outra vez por España que comezará o próximo 16 de maio en Bilbao e continuará na Coruña o 18 de maio, en Valencia o 22 de maio, en Murcia o 24 de maio, en Fuengirola o 25 de maio, en Madrid o 29 de maio, en Sevilla o 1 de xuño, en Barcelona o 4 de xuño e en Zaragoza o 6 de xuño.

"En cambio, os bombeiros representan o valor, a dedicación e a empatía, valores que a maioría de nós admiramos. Os bombeiros salvan vidas poñendo a súa vida en xogo, e por iso merecen ser celebrados", engade.

"Ao asociar a palabra "Torero" coa tauromaquia córrese o risco de dar lexitimidade a unha práctica que moitos queren abolir. Un artista coa túa influencia ten o poder de impactar positivamente na cultura, e actualizar o nome da canción enviaría unha poderosa mensaxe de compaixón", prosegue Bekhechi no seu escrito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar