Cargando resultados...
A internacional Carolina Mendes marca o gol da vitoria do Braga en Abegondo
O Deportivo Abanca perde diante do poderoso equipo portugués
G24.gal
12/08/2023 21:42
En Abegondo, o Deportivo Abanca xogou ante o Braga portugués. Segundo partido de pretemporada para o equipo de Irene Ferreras, que caeu derrotado pola mínima (0-1).
O Braga, da primeira división lusa, levou o triunfo cun gol no segundo tempo. Logo dun erro na saída de balón do equipo coruñés, marcou Carolina Mendes cun excelente disparo. Mendes vén de participar no Mundial coa selección portuguesa.