Publicador de contidos

Publicador de contidos

A expulsión de Yuste condiciona o partido do Ourense diante do Talavera (1-2)

A expulsión de Yuste condiciona o partido do Ourense diante do Talavera (1-2)

Amin igualou o tanto inicial do conxunto talaverano que sentenciou no 75 cun remate cruzado de Luis Sánchez

G24.gal 14/09/2025 14:21

O partido comezou cunha labazada para o equipo galego. Sen tempo case de situarse no campo, o Talavera aproveitaba un córner, forzado polo ex ourensanista Di Renzo cun bo remate, para adiantarse no marcador. Foi nunha acción embarullada, cun remate do capitán Álvaro López que petou en David Muñoz e acabou na rede de Ratón. Buscou axiña o empate o cadro local, e foi o propio David Muñoz o que o intentou de lonxe.

O Talavera agardaba asúa á contra e estivo a piques de ampliar a renda no 20. Salvou Álvaro Ratón cun paradón o remate do Pitu Doncel. Eran minutos nos que a posesión era do Ourense CF, pero as contras erando Talavera. Nunha delas, Marcos Moreno caía diante de Álvaro Yuste. O árbitro viu contacto na acción e expulsou ao ourensanista.

A primeira parte tivo 13 minutos de engadido, que rexistraron unha boa ocasión do Ourense CF, cun centro de Adrián que remataba fóra David Muñoz. No 57 (no doce de engadido) marcou o gol do empate Amin asistido por Guerrero.

A segunda metade comezabacomo ao principio, pero cun xogador menos no Ourense. O equipo talaverano levou o peso do partido, o número de achegamentos ás dúas porterías baixou pero no 75 chegou o intre decisivo. Luis Sánchez aproveitaba un pase á frontal da área para superar a Álvaro Ratón e conseguía o definitivo 1-2. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade