Publicador de contidos

A choiva desloce o mercado das flores de Pontevedra

A choiva desloce o mercado das flores de Pontevedra

Escasa afluencia de clientes e de vendedores

G24.gal 31/10/2021 14:23

Os turistas conviven coas flores na Praza da Ferrería de Pontevedra no día previo da celebración de Santos. A tradición e os prezos máis baratos facían da céntrica praza pontevedresa un dos mellores lugares para adquirir flores.

 Este domingo hai tan só dez postos. Todas as florerías da cidade están abertas e ademais os defuntos conviven con outras celebracións máis modernas.

O crisantemo é  a estrela deste mercado tanto que en moitos postos xa está esgotado. O reducido número de compradores fixo tamén que os prezos fosen máis competitivos como estes dous centros de vinte euros cada un, e a ducia de rosas a lago máis de quince euros

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar