Publicador de contidos

Publicador de contidos

A área de Vigo supera a barreira dos 19.000 casos activos

A área de Vigo supera a barreira dos 19.000 casos activos

Con 1.300 casos novos, modérase o ritmo de contaxio

Hai 11 persoas máis ingresadas en planta

Test de antíxenos na estación de tren de Guixar en Vigo
G24.gal 17/01/2022 14:32

"Agora vén menos xente, de todas formas estamos dando bastantes positivos, si", informa María Jesús Blanco, técnico especialista de laboratorio

Xa non hai as aglomeracións do Nadal, pero a xente segue acudindo aos puntos de control e segue habendo un regueiro de positivos. Esta mañá, este situado na estación de tren de Guixar en Vigo detectou 7 nunha hora. Con todo, a cifra de novos contaxios diarios publicada hoxe abre unha porta á esperanza porque por fin son menos de 2.000.

 "Animamos, avisamos que se acheguen que non teñan medo en facer os tests de antíxenos porque así estamos todos moito máis controlados", anima María Jesús Blanco, técnico especialista de laboratorio.

"É moi cómodo porque estás aquí no centro ademais e nesta zona non soe haber moita lea de xente para vir a facela", comenta unha señora.

"Acaba de avisarme a miña filla por teléfono que acaba de dar positivo", explica un señor.

"Podería facelo na casa, pero son incapaz de facelo, por iso vin", conta unha muller.

 "Como mañá vou para Portugal, para sacar as dúbidas, mellor facelo", apunta un estudante portugués.

A área de Vigo está xa por riba dos 19.000 casos activos, tamén empeora a situación nos hospitais con 11 ingresados máis. A pandemia pesa moito no estado de  ánimo.

 "Xa non hai moito humor e agora a filla confinada, pois temos unha netiña e case non podemos estar con ela porque é complicado", fala un matrimonio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos