Publicador de contidos

A AFE anuncia accións legais contra o Celta na defensa de Denis Suárez

A AFE anuncia accións legais contra o Celta na defensa de Denis Suárez

A AFE anuncioulle por carta ao presidente Carlos Mouriño que vai emprender accións legais para defender os dereitos laborais do seu asociado

G24.gal 12/07/2022 13:44 Última actualización 12/07/2022 14:00

A xira americana do Celta comeza mirando máis aos asentos baleiros do avión. O equipo está viaxando a México con 18 futbolistas, 14 con ficha do primeiro equipo, e sen cinco xogadores dos que terminaron a pasada liga como titulares. Denis Suárez quedou en terra.

É unha situación incómoda para o de Salceda, que conta co beneplácito de Eduardo Coudet, pero non do club. A AFE, o sindicato de futbolistas, ten todos os datos do "caso Denis" e anuncioulle por carta ao presidente Carlos Mouriño que vai emprender accións legais para defender os dereitos laborais do seu asociado.

Segundo puido saber a Televisión de Galicia, a dificultade para o traspaso de Denis, que hoxe se adestrou en Afouteza, é estritamente económica. Ningún equipo se amosa disposto, polo de agora, a asumir ao tempo o pago dun traspaso e o soldo alto dun futbolista que é o máis caro da nómina celeste. O xogador seguía reclamando hai uns días unha negociación cara a cara co seu equipo tras comunicarlle que non contan con el.

A Suárez non o quere o club, e a Orbelín Pineda non o quere Coudet. Santi Mina tamén está na rampa de saída, apartado, e a Liga comeza en Balaídos de mañá nun mes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos