Publicador de contidos

Publicador de contidos

A actriz Verónica Forqué recibe o premio Cineuropa en Santiago

A actriz Verónica Forqué recibe o premio Cineuropa en Santiago

O festival de cine compostelán recoñece a súa traxectoria profesional

Verónica Forqué interpretou case un cento de personaxes en cinema, teatro e televisión

Beatriz Moyano 16/11/2021 21:25

A actriz Verónica Forqué, filla de director de cine e de escritora, tivo clara a súa vocación desde moi nova. A súa traxectoria profesional compila case un cento de personaxes en cinema, teatro e televisión. Este martes recibe en Santiago o premio Cineuropa.

O festival de cine compostelán quere recoñecer a traxectoria dunha das actrices máis premiadas do cinema español. No certame proxectouse Kika, de Pedro Almodóvar, filme co que gañou un Goya. 

Na homenaxe agradeceu o premio ao festival e tivo unhas palabras de recordo para o seu avó,  galego emigrado na Arxentina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade