Cargando resultados...
'Tesouro Espeleolóxico Galego': un libro para descubrir as paisaxes do inframundo
A poeta Alba Cid e Tereixa Otero Dacosta, membro club Maúxo, son coautoras de Tesouro Espeleolóxico
Vicente Risco, Manuel Murguía ou Emilia Pardo Bazán son algúns dos autores que sentiron atracción por eses subterráneos do inframundo
Alba Cid, poeta e coautora de 'Tesouro Espeleolóxico Galego'
G24.gal
03/02/2023 15:55
O club espeleolóxico Maúxo acaba de publicar un libro que racha fronteiras no coñecemento. Porque nos ofrecen unha visión das cavidades subterráneas do noso país a través de textos literarios, xornalísticos ou históricos. O prólogo, cheo de referencias ficcionais, escríbeo ademais unha poeta: Alba Cid. Porque do profundo e do oculto están feitos algúns dos mellores versos.