Publicador de contidos
Publicador de contidos

Gilsanz: "Este equipo necesitaba un golpe así"

Gilsanz: "Este equipo necesitaba un golpe así"

O betanceiro Óscar Gilsanz debutou como primeiro adestrador do Deportivo en Riazor cunha agónica e importante vitoria

G24.gal 11/11/2024 22:58 Última actualización 12/11/2024 16:18

"Este equipo necesitaba unha vitoria así. É un subidón conseguila, e cun gol no engadido". Foi o primeiro que dixo Gilsanz nada máis colleu o micrófono ao final do partido. "Traballa moito e soltar deste xeito a adrenalina vaille vir moi ben", continuou o betanceiro. 

Tamén recoñeceu que o gol é froito do traballo de análise no laboratorio. "Sabiamos que o Éibar deixaba libre a frontal neste tipo de xogadas, pero é mérito dos xogadores elixir o momento no que facer a acción", sobre o xeito de sacar o córner en curto. 

Para o betanceiro foi un partido moi especial, o da estrea en Riazor. "Para min e a miña familia, pero o club está por riba de todo e necesitaba a vitoria", concluíu Gilsanz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos