Publicador de contidos

Publicador de contidos

O grande éxito editorial 'Azucre', de Bibiana Candia, en galego e con ilustracións de Xosé Cobas

O grande éxito editorial 'Azucre', de Bibiana Candia, en galego e con ilustracións de Xosé Cobas

Azucre está inspirada na historia real dos galegos que emigraron a Cuba e foron tratados como escravos

As imaxes, que están realizadas ao óleo, inclúen metáforas, símbolos e referencias á historia da arte
 

G24.gal 24/01/2023 15:56

Darlle voz a unha historia real que nunca a tivo. Así é Azucre, a última novela da escritora e poeta galega Bibiana Candia. Nela conta as vivencias dos galegos que no 1853 emigraron a Cuba. Ían na procura dunha vida mellor, pero o soño truncouse cando se converteron en escravos.

Kalandraka publica este libro coas magníficas ilustracións de Xosé Cobas. Un traballo cómplice que hoxe nos descobren, xuntos, ilustrador e autora e que acaba de gañar o premio Almudena grandes da Asociación de Librarías de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar