Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yeremay renova co Deportivo ata o 2030

Yeremay renova co Deportivo ata o 2030

Dépor asegúrase a continuidade dunha das súas estrelas que ten o agarimo da afección

G24.gal 18/04/2024 12:17 Última actualización 18/04/2024 16:38

Yeremay Hernández seguirá no Deportivo. O canario continuará vestindo a camiseta branca e azul ata 2030. 
Yeremay tiña contrato ata 2027 e sempre manifestou que está feliz no club e na cidade. A súa excelente tempada non pasou desapercibida para clubs de Primeiro División, que puxeran a lupa no atacante.

O club fíxolle chegar unha proposta hai unhas semanas e as negociacións aceleráronse ata chegar a un acordo. Na Praza de Pontevedra saben da valía do futbolista e fixo un esforzo por asegurarse a súa continuidade

A cláusula tamén subirá. Estivo na prelista da selección española sub 21. O Dépor asegúrase a continuidade dunha das súas estrelas que ten o agarimo da afección e que está a ser unha das claves de que o equipo estea moi preto de conseguir o ascenso directo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos