Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños dun inmoble da Coruña denuncian acoso inmobiliario desde o mes de febreiro

Veciños dun inmoble da Coruña denuncian acoso inmobiliario desde o mes de febreiro

Están convencidos de que os propietarios os queren botar para vender o edificio

G24.gal 23/04/2024 14:24

María del Carmen e a súa familia levan vivindo nun inmoble da céntrica rúa Galera desde hai dez anos e, segundo conta, ten contrato ata o 2027. Asegura que nesta última década nunca houbo problemas, ata o pasado mes de febreiro.

"Arrincaron a porta de acceso ao inmoble, botáronnos silicona na pechadura varias veces, os timbres non funcionan e cortaron a luz das escaleiras. Fannos a vida imposible", asegura María del Carmen Pantín, unha veciña afectada.

Non son os únicos prexudicados. O matrimonio que vive no cuarto andar, do que el é un dos irmáns herdeiros do inmoble, tamén di que están a ter problemas. Eles, que preferiron non falar diante da cámara, explicaron que o pasado mes de febreiro recibiron un burofax en que unha das propietarias do inmoble informaba de que recibiran unha oferta de compra da propiedade e que a súa intención era vender. En caso de que non estivese de acordo, tomarían as medidas pertinentes para desafiuzalos.

"Mandáronos un burofax dicíndonos que lles facía falta o piso para os herdeiros. O meu avogado respondeu e poñía que non era para ningún herdeiro porque teñen outras propiedades e amais porque no portal Idealista está que se vende o edificio libre de inquilinos", engade María del Carmen Pantín.

Os prexudicados din que están convencidos de que os queren botar para vender o edificio. A Televisión de Galicia púxose en contacto cos propietarios do inmoble. Declinaron facer declaracións, unicamente manifestaron que a versión dos supostos afectados non é certa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade