Publicador de contidos

Publicador de contidos

Veciños de Triacastela demandan un paso seguro para o gando polo Camiño de Santiago

Veciños de Triacastela demandan un paso seguro para o gando polo Camiño de Santiago

O acceso á aldea do Biduedo é perigoso para os animais, os peregrinos e mais o tráfico

Félix Aragunde 25/04/2024 20:51 Última actualización 25/04/2024 21:13

A gandería é o principal medio de vida dos veciños do Biduedo, unha aldea de Triacastela situada á beira do Camiño de Santiago. Para facer máis seguro o paso do gando, os residentes reclaman que se instalen unha serie de elementos no acceso ás súas casas.

O punto máis conflitivo é onde conflúen o Camiño Francés e a vía de servizo do Biduedo. Por aquí coinciden acotío os grupos de peregrinos e os rabaños de vacas, crean situacións de perigo que os gandeiros piden evitar coa instalación dunha varanda.

Iván López, gandeiro: "Xúntase todo aquí. As vacas teñen que saír á estrada, e cando van polo Camiño de Santiago os peregrinos non apartan tampouco e fanas sacar á estrada. É problemático, porque os coches veñen á velocidade que veñen".

No mesmo cruzamento entre a pista do Biduedo e a estrada que une Pedrafita e Triacastela, os afectados demandan a creación dun paso a distinto nivel.

Iván López, gandeiro: "Unha vaca deulle a un coche e tiven que correr eu cos gastos do arranxo. Aquí todos temos gando e precisamos que fagan algo, como un paso inferior, para evitar un accidente grave. Pode vir unha familia e matarse contra unha vaca".

Os gandeiros do lugar, que tamén reclaman que se prolongue a varanda da beiravía, lamentan levar demasiado tempo padecendo unha situación que empeora ano tras ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade