Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rodríguez Miranda: "Rueda reunirase con autoridades arxentinas en materia de pesca"

Rodríguez Miranda: "Rueda reunirase con autoridades arxentinas en materia de pesca"

O secretario xeral de Emigración destaca as xuntanzas que manterá coa colectividade galega e coas empresas pesqueiras radicadas na Arxentina

G24.gal 27/04/2024 11:34 Última actualización 27/04/2024 14:58

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, reunirase coas autoridades arxentinas con competencias en materia pesqueira na viaxe que iniciará a semana que vén ao país austral. O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, así o avanzou nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega.

Segundo Rodríguez Miranda, ademais de coa colectividade galega na Arxentina, o presidente Rueda reunirase coas empresas pesqueiras galegas radicadas no país e coas autoridades provinciais de Chubut e Santa Cruz, que teñen competencias na materia.

Rueda amosará que "está ao lado do sector pesqueiro galego", sobre todo ante os posibles cambios normativos que o novo Goberno arxentino de Javier Milei poida acometer. En principio, unha das medidas que quería implantar o presidente Milei, a poxa de dereitos de pesca, quedou paralizada, como lembrou Rodríguez Miranda.

"O presidente de Galicia vai estar con esas autoridades, coas empresas galegas e tamén terá ocasión de reunirse con autoridades a nivel nacional no sector pesqueiro para amosar o seu apoio ás empresas galegas"

O presidente da Xunta viaxará á Arxentina do 1 ao 4 de maio. É a primeira viaxe ao exterior de Alfonso Rueda neste novo mandato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos