Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puente, tras insinuar que Milei toma drogas: "Se soubese a repercusión, non o diría"

Puente, tras insinuar que Milei toma drogas: "Se soubese a repercusión, non o diría"

O Goberno dá por pechado o incidente diplomático coa Arxentina

O PP cre que Puente debería dimitir do seu cargo

O ministro de Transportes, Óscar Puente (EFE/Zipi Aragón)
G24.gal 07/05/2024 15:12

Tanto o Goberno arxentino como o español queren dar xa por pechado o incidente diplomático. 
"Acabouse a historia xa", asegurou o ministro de Transportes na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros deste martes.

Foi Óscar Puente, precisamente, quen provocou o desencontro, ao suxerir nunha charla que o presidente arxentino toma drogas. "Dixen o que dixen, non era consciente da repercusión que podía ter. Se a tivese, non o diría. En todo caso, creo que se sobreactuou moitísimo neste tema", afirmou o titular de Transportes.

O socio da coalición, Sumar, cre que Javier Milei usou as palabras de Puente como escusa para censurar o Goberno español nun duro comunicado. Gerardo Pisarello, deputado no Congreso de Sumar, cre que "estaba pensado de antemán e que ía saír en calquera momento".

Javier Milei visitará España a semana que vén, para participar nun acto de Vox e non está prevista ningunha reunión cos membros do Goberno español.

Para o PP, o incidente debería saldarse coa saída de Puente do executivo. "Nunha democracia moderna, madura, Óscar Puente tería que dimitir cinco minutos despois das declaracións", asegurou o seu voceiro no Congreso. Miguel Tellado afeoulle, ademais, que "dos transportes non se ocupa nin se preocupa, é o ministro máis ausente das súas responsabilidades.
Polo dano, din populares, causado nas relacións entre España e A Arxentina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos