Publicador de contidos

Publicador de contidos

O policía local de Vigo acusado de quebrantar a lei de afastamento dunha moza que o denunciara por agresión sexual di que o encontro foi casual

O policía local de Vigo acusado de quebrantar a lei de afastamento dunha moza que o denunciara por agresión sexual di que o encontro foi casual

Durante o xuízo que se celebrou esta mañá en Vigo, a vítima afirma que xa o viu máis veces preto da súa casa

Ás portas do xulgado concentrouse o movemento feminista en apoio á moza

G24.gal 26/04/2023 14:24

A acusación particular pediu a absolución para o axente que declarou que fora un encontro casual. A súa versión contrasta coa da vítima, que di que o acusado parou o coche e a ameazou xesticulando coa man que lle disparaba cunha pistola.

O movemento feminista concentrouse na praza da Cidade da Xustiza antes do inicio da vista en apoio á vítima. A moza denunciou o policía local en novembro por unha suposta agresión sexual, momento no que o xulgado lle impuxo ao acusado unha orde de afastamento como medida cautelar. 

A Fiscalía pide dous anos e tres meses de prisión por este feito. A causa pola suposta agresión sexual non se dirimía nesta vista, xa que aínda se atopa en fase de instrución. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade