Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home nun accidente de tractor en Ribeira

Morre un home nun accidente de tractor en Ribeira

O sinistro produciuse na parroquia de San Martiño de Oleiros

G24.gal 23/04/2024 14:53 Última actualización 23/04/2024 18:46

Un home faleceu este martes nun accidente de tractor ocorrido en Ribeira, na parroquia de San Martiño de Oleiros, informa o servizo de emerxencias 112 Galicia.

O vehículo co que traballaba realizando tarefas agrícolas envorcou e a vítima quedou atrapada debaixo.

Foron os veciños os que alertaron do suceso e ata o lugar desprazáronse efectivos dos servizos de Urxencias 061, amais dos bombeiros de Boiro do Grupo de Apoio ás Emerxencias e voluntarios de Protección Civil de Ribeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade