Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio cento de grupos de toda a península reviven o Entroido en Viana do Bolo

Medio cento de grupos de toda a península reviven o Entroido en Viana do Bolo

Celébrase a novena edición do Festival Internacional ViBoMask

G24.gal 27/04/2024 21:08 Última actualización 27/04/2024 21:43

O Entroido regresa á provincia de Ourense coa xa popular mascarada. Este domingo reuniu centos de persoas no concello de Viana do Bolo.

A mascarada reuniu toda unha multitude. Polas rúas da vila desfilaron os Entroidos da provincia, do resto de Galicia e de toda a península.

Os convidados de honra deste ano foron os representantes do entroido de Sappada, no norte de Italia.

44 grupos, 80 máscaras e ducias de personaxes son as cifras da novena edición desta cita cos Entroidos máis ancestrais e representativos da cultura popular. O luns tócalle a Vilariño de Conso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade