Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis terras para produción ecolóxica na comarca da Limia

Máis terras para produción ecolóxica na comarca da Limia

As mulleres e os mozos terán preferencia de acceso

Son 49 hectáreas cedidas pola Deputación de Ourense

G24.gal 26/04/2024 19:28 Última actualización 26/04/2024 20:23

Colleitas tradicionais na Limia como pataca ou trigo, forraxes coma o millo ou mesmo pastos. É o que se vai poder sementar nas 49 hectáreas da zona de Antela, na comarca da Limia, logo do convenio entre o Grupo de Desenvolvemento Rural e a Deputación de Ourense, que cede os terreos. En principio, todas as producións dos lotes deberán ser ecolóxicas.

Ademais, terán preferencia de acceso os mozos que se incorporen á actividade agraria e as mulleres. O prezo que terán que pagar é de 300 euros anuais por hectárea, certamente accesible tendo en conta a fertilidade dos terreos.

Outro criterio de acceso é o de ser residente nalgún dos 25 concellos que abrangue o Grupo de Desenvolvemento Rural. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade