Israel asegura que matou a Ali Lariyani, o xefe de seguridade de Irán
O ministro de Defensa, Israel Katz, afirma que morreu durante os bombardeos efectuados esta noite contra o réxime iraniano
Trátase da figura política de maior rango eliminada en Irán tras o asasinato de Ali Khameneí
Irán confirma a morte de Soleimani, comandante da milicia paramilitar Basij
O Ministerio de Defensa de Israel asegurou este martes que matou o secretario do Consello Supremo de Seguridade Nacional de Irán, Ali Lariyani, nos bombardeos de esta noite contra "infraestruturas do réxime" iraniano.
"Lariyani e o comandante da Basij foron eliminados esta noite e uníronse ao xefe do plan de destrución, (Ali) Khameneí, e a todos os membros frustrados do eixe do mal nas profundidades do inferno", dixo o ministro de Defensa israelí, Israel Katz, nun comunicado.
Minutos antes, o departamento de prensa da oficina do primeiro ministro israelí, Benjamin Netanyahu, emitira un breve comunicado ordenando a eliminación de altos funcionarios do réxime iraniano e acompañándoo dunha foto do mandatario ao teléfono xunto a un mando militar.
Lariyani, que se erixiu nunha das figuras máis destacadas do réxime iraniano tras a morte de Ali Khamenei.
A última vez que apareceu en público foi o pasado venres, cando participou xunto a outros responsables e miles de persoas nunha marcha na capital iraniana para e manifestar o seu rexeitamento á guerra contra o seu país.
Tras o anuncio da súa morte por parte de Israel, a conta de Lariyani en X publicou unha carta escrita a man, sen data e supostamente redactada polo propio dirixente iraniano, en que lamenta o falecemento de membros da mariña iraniana.
به مناسبت مراسم تشییع سلحشوران نیروی دریایی ارتش جمهوری اسلامی ایران: یاد آنان همواره در قلب ملت ایران خواهد بود و این شهادتها بنیان ارتش جمهوری اسلامی را برای سالها در ساختار نیروهای مسلح استوار مینماید. ازخداوند متعال علو درجات برای این شهدای عزیز خواستارم. pic.twitter.com/dvTdhyDYbY
— Ali Larijani | علی لاریجانی (@alilarijani_ir) March 17, 2026
"A súa memoria permanecerá sempre no corazón da nación iraniana -aseguraba-, e estes mártires sentarán as bases do Exército da República Islámica dentro da estrutura das forzas armadas durante moitos anos".
Ali Lariyani, unha figura clave do réxime en Irán
Era o home máis importante de Irán, só por detrás de figuras clave como Mojtaba Khameneí, ou polo menos así falaba a prensa árabe de Ali Lariyani, o xefe de seguridade iraniano abatido esta noite por Israel.
Nado na cidade iraquí de Nayaf no seo dunha familia acomodada, posuía unha completa formación universiaria e desempeñou distintos ao servizo do réxime desde os anos 90. Foi ministro de Cultura e Orientacion Islámica, director da radiotelevisión estatal, secretario do Consello Supremo de Seguridade Nacional e foi o encargado da negociación nuclear coa Unión Europea e de mediar entre os Estados Unidos e Teherán.
Tentou presentarse como indepedente ás eleccións presidenciais de 2021 e foi sancionado polos EUA polo papel que xogou na represión das protestas mutitudinarias rexistradas recentemente no país.
Era dos que defendían non negociar cos Estados Unidos ata que Trump e Netanyahu cesasen os seus ataques e pedisen perdón.
Lonxe de cesar, Israel confirma que continúa operando con forza en Irán co obxectivo de suprimir a capacidade de lanzamento de mísiles do réxime e destruír infraestruturas estratéxicas clave, como as atacadas esta noite en Teherán, Shiraz e Tabriz.
Irán confirma a morte de Soleimani
A Garda Revolucionaria de Irán confirmou a morte de Gholamreza Soleimani, comandante da milicia paramilitar Basij (encargada da represión cidadá e vinculada á Garda) nos bombardeos, segundo informaron axencias oficiais.
A morte de Soleimani, comandante da milicia Basij os últimos seis anos, fora anunciada polo Exército israelí este martes, que dixo que morreu en "un ataque preciso" da forza aérea en Teherán.
A Garda Revolucionaria, nun comunicado recollido polas axencias Fars e Tasnim, vinculadas con este corpo militar, explicou que Soleimani morreu "nun ataque terrorista" e eloxiou o papel "estratéxico e inigualable" do comandante dentro da Basij.
Ademais, asegurou que a pesar deste asasinato a Basij non cesará na loita.