Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a posible intencionalidade no incendio dun hotel de Camariñas

Investigan a posible intencionalidade no incendio dun hotel de Camariñas

Un hóspede sufocou as lapas cun extintor e evitou que alcazasen outras estancias

G24.gal 21/04/2024 20:55 Última actualización 21/04/2024 21:12

A Policía Xudicial ve indicios de intencionalidade nun incendio que comezou na sala dun pequeno hotel de Camariñas. Os responsables do hotel, situado na fachada marítima da vila, gardan silencio para non prexudicar a investigación. Segundo os bombeiros, o incendio sucedeu en estrañas circunstancias.

"Recibimos a chamada ás seis menos cinco da mañá duns hóspedes do hotel que espertan cun ruído e ven un resplandor abaixo, cando saen a ventá. Un deles decidiu baixar e baleirar un extintor de lume", explica Álex Rodríguez, bombeiro do parque da Costa da Morte

A intervención do hóspede foi providencial. Evitou males maiores e facilitou o traballo do equipo de extinción.

"Cando chegamos atopamos un local cheo de fume. Ventilamos a estancia, abrimos as ventás e nada máis. Non houbo carga térmica, unicamente un local cheo de fume".

Unha persoa foi atendida no lugar con síntomas leves de inhalación de fume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade