Publicador de contidos

Publicador de contidos

Identifican vinte variedades autóctonas de oliveiras en Galicia

Identifican vinte variedades autóctonas de oliveiras en Galicia

Agora buscan técnicas que permitan multiplicar a grande escala os cultivos para crear unha denominación de orixe propia

G24.gal 26/04/2024 15:45

A creación dunha Denominación de Orixe propia é o fin último dun proxecto liderado polo CSIC que xa identificou ata vinte variedades autóctonas de oliveiras en Galicia.

O obxectivo agora é desenvolver técnicas que permitan multiplicar a grande escala os cultivos, abastecer viveiros e produtores e consolidar un sector que está en crecemento.

Brétema, Carmeliña ou Xoana son algunhas das vinte variedades de oliveiras autóctonas identificadas en Galicia.

Dúas xa están recoñecidas e outras nove iniciaron o proceso de rexistro comercial. 

Unha aposta pola diferenciación que abre camiño á creación dunha denominación de orixe que permita gañar rendibilidade e valor no mercado. Por iso traballan con diferentes técnicas á procura da multiplicación a grande escala das nosas oliveiras, que responda a unha demanda cada vez máis alta.

Din os expertos que algunhas das variedades autóctonas tamén permitirán obter olivas para consumo de mesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade