Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un soldado español en Polonia nun exercicio con fogo real

Falece un soldado español en Polonia nun exercicio con fogo real

O cabo, de 43 anos, pai de dúas fillas e natural de Ecuador, fora condecorado en dúas ocasións

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 22/04/2024 18:58 Última actualización 22/04/2024 19:06

Un militar español, pertencente ao Grupo de Regulares de Ceuta número 54, faleceu durante un exercicio táctico con fogo real en Polonia.

A comandancia ceutí explicou nun comunicado que o militar morreu no transcurso do exercicio Saber Strike, integrado no exercicio Steadfast Defender 24, no que participan diversas unidades do Exército de Terra xunto con outros países aliados en Polonia.

Alí produciuse un accidente durante a execución dun exercicio táctico con fogo real no campo de manobras de Bemowo Piskie.

O cabo, de 43 anos, pai de dúas fillas e natural de Ecuador, ingresara como soldado no Exército de Terra en 2004.

Atopábase en posesión da Cruz de Bronce á Constancia no Servizo e a Medalla Conmemorativa da Operación Balmis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade