Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberadas dúas persoas tras envorcar o seu coche na AP-9, en Culleredo

Liberadas dúas persoas tras envorcar o seu coche na AP-9, en Culleredo

As dúas ocupantes que viaxaban no coche quedaron atrapadas, non podendo saír debido ás varandas da estrada

Vehículo envorcado / Concello de Culleredo Vehículo envorcado / Concello de Culleredo
G24.gal 26/04/2024 18:11

Un coche envorcou esta tarde, sobre as 15:55 horas, na AP-9 ao seu paso polo concello de Culleredo (A Coruña), á altura do Burgo, segundo informa o consistorio. As dúas persoas que o ocupaban quedaron atrapadas e, posteriormente, foron liberadas.

Un turismo que circulaba en dirección A Coruña sufriu unha saída de vía xunto ao acceso á área de servizo da autoestrada. O vehículo quedou envorcado no espazo que divide o carril dereito da vía de saída cara á área de servizo.

As dúas ocupantes que viaxaban no coche quedaron atrapadas, non podendo saír debido ás varandas. O Servizo de Emerxencias do Concello de Culleredo procedeu á excarceración das dúas persoas. Ao longo do proceso incorporáronse os Bombeiros da Coruña.

Unha vez foron liberadas recibiron atención do 061, que desprazou unha ambulancia medicalizada. Aparentemente, ambas as ocupantes atopábanse ben, aínda que con golpes polo accidente. A Garda Civil de Tráfico asumiu o atestado. Tamén acudiu o servizo de mantemento de estradas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos