Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alxeciras lembra o sancristán asasinado hai un mes nun ataque xihadista

Alxeciras lembra o sancristán asasinado hai un mes nun ataque xihadista

A cidadanía arroupou a familia de Diego Valencia nunha concentración celebrada ás portas da igrexa  

Concentración cidadá celebrada este mediodía na localidade gaditana de Alxeciras Concentración cidadá celebrada este mediodía na localidade gaditana de Alxeciras
G24.gal 25/02/2023 13:53 Última actualización 25/02/2023 14:09

A localidade gaditana de Alxeciras lembrou este sábado a Diego Valencia, o sancristán asasinado hai un mes nos atentados xihadistas perpetrados en dúas igrexas da cidade. 

O alcalde, José Ignacio Landaluce, convocou este mediodía unha concentración ás portas da igrexa parroquial onde se produciu o crime en solidariedade coa familia de Diego Valencia e en contra do terrorismo. 

"Estamos coa familia de Diego; tratamos de acompañalos na dor e minimizar as incomodidades que poidan ter no día a día".

A familia de Diego Valencia agradece o apoio da veciñanza A familia de Diego Valencia agradece o apoio da veciñanza

A familia do sancristán asasinado agradeceu á veciñanza de Alxeciras o seu apoio. Sinalábao o seu irmán durante a concentración.

"Estamos desbordados de cariño"

Diego Valencia foi asasinado o 25 de xaneiro nun ataque no que resultaron feridas varias persoas. O presunto autor do atentado xihadista, Yassine Kanjaa, permanece en prisión provisional sen fianza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade