Publicador de contidos
Publicador de contidos

Yasine Kanjaa, detido polo ataque de Alxeciras, un marroquí de 25 anos con orde de expulsión

Yasine Kanjaa, detido polo ataque de Alxeciras, un marroquí de 25 anos con orde de expulsión

A Audiencia Nacional investiga o ataque como atentado terrorista

Marlaska visita a familia do sacristán asasinado 

A policía analiza o material intervido na súa vivenda para confirmar se Kanjaa actuou en solitario

G24.gal 26/01/2023 14:56 Última actualización 26/01/2023 18:50

Alxeciras espertou conmocionada tras o ataque que deixou un morto e catro feridos en dúas igrexas do centro da cidade, de 122.000 habitantes. Este mediodía unha multitude reuníase para gardar un minuto de silencio e reivindicarse como exemplo de convivencia.

O presunto autor do ataque é Yasine Kanjaa, marroquí de 25 anos. Entrou en España de maneira irregular en 2019 e desde o pasado mes de xuño tiña pendente a súa expulsión ao estar en situación irregular. A policía rexistrou esta madrugada a súa vivenda, próxima ás igrexas que atacou en pleno centro de Alxeciras. Sobre ás sete e media irrompía na de San Isidro, onde apuñalou o sacerdote salesiano Antonio Rodríguez, que nese momento celebraba misa.

A vítima, de 74 anos, está fóra de perigo tras ser intervido. Unha testemuña relataba os momentos de terror vividos no templo: "Cando viña de comungar vin o ademán, que viña a matarnos, que por Alá non nos movésemos".

Despois o atacante, vestido con xilaba negra e machado en man, dirixiuse á igrexa de Nosa Señora da Palma, onde perseguiu o sacristán, Diego Valencia, ata acabar coa súa vida. O párroco cre que el era o obxectivo da agresión: "Se eu estivese, Diego non estaría morto", lamentábase.

Kanjaa feriu outras tres persoas antes de ser detido pola policía. Estaba en situación irregular e pendente de expulsión dende xuño. Non tiña antecedentes penais nin era investigado por xihadismo. Os servizos de información marroquís colaboran con España na investigación, que a Audiencia Nacional asumiu como posible acto terrorista. A policía cre que se trata dun lobo solitario.

"É unha investigación rápida e eficaz da Policía Nacional. Non hai terceiras persoas involucradas nos feitos", aseguraba Fernando Grande-Marlaska. O ministro do Interior viaxou a Alxeciras tras cancelar a súa axenda en Estocolmo, onde se reunía cos seus homólogos europeos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade