Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arteterapia, un xeito de superar a pandemia na residencia de maiores de Foz

Arteterapia, un xeito de superar a pandemia na residencia de maiores de Foz

Unha exposición cos traballos realizados polos residentes mostrase estes días no edificio administrativo da Xunta en Santiago

G24.gal 02/05/2023 14:49

O complexo administrativo da Xunta de Galicia, en San Caetano, acolle unha pequena exposición con fotografías e máscaras artesás feitas a xeito de arteterapia polos maiores da residencia de Foz durante a pandemia.

O 2020 fóra un ano difícil nesa residencia. Resistiron o confinamento, primeiro, tapando o muro que os encerraba con fotos que lles pedían á xente. Á incerteza dos primeiros positivos por covid de despois reaccionaron pedindo mensaxes de famosos en vídeo, -Xosé Ramón Gayoso mandoulles un-.

O grande cambio veu o día que a directora foi traballar cunha máscara chocalleira que facía rir os residentes que lla vían posta. Ríanse, por fin, do coronavirus.

"Diante da miña mesa había unha máscara que fixo unha compañeira, María José, en forma de coello. Cando eu poño esa máscara, os meus compañeiros rían, e a medida que ía polos cuartos vía como eles tamén rían pero o máis fermoso foi cando a viron xente con deterioración cognitiva; esa xente por un instante non tiveron medo ao que eu levaba enriba, o que querían era collela, querían falar e incluso querían poñela", di Fátima Fernández, directora da Residencia de maiores de Foz.

A arteterapia ía ser o medio de sobreporse á pandemia. Os maiores saíron á rúa para ir a un estudo de fotografía retratarse coas peculiares máscaras feitas agora xa por eles mesmos. As súas imaxes e os cubrebocas que locen nelas compoñen a exposición Miradas, que visitou o presidente da Xunta en San Caetano.

"Está moi ben que (a mostra) estea aquí en San Caetano onde tamén houbo que loitar e duro e cambiounos a vida aqueles meses, sobre todo os iniciais, e agora que recuperamos a vida normal non esquezamos nunca que durante un tempo a vida paralizouse pero alguén foi capaz de dar un pouco de alegría polo tanto grazas aos que traballastes nos sitios máis duros que, sen dúbida ningunha, foron os centros sanitarios e as residencias da terceira idade", dixo Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos