Sumar nomea a executiva provisional ata a asemblea constituínte de 2024

A galega Marta Lois, voceira parlamentaria, está no grupo que dirixirá a formación ata a primavera

Marta Lois con Yolanda Díaz no Congreso. EFE/Juan Carlos Hidalgo Marta Lois con Yolanda Díaz no Congreso. EFE/Juan Carlos Hidalgo
G24.gal 02/12/2023 19:59 Última actualización 02/12/2023 20:46

Sumar nomeou un "grupo executivo provisional" que dirixirá a formación ata a asemblea constituínte do partido, que se celebrará na primavera de 2024, segundo informou nun comunicado remitido aos medios.

Nese grupo, encabezado por Yolanda Díaz, sitúase o círculo máis próximo á vicepresidenta segunda e persoas que asumiron responsabilidades no Goberno e no Congreso, como a portavoz parlamentaria, a galega Marta Lois, ou os ministros Ernest Urtasun, Mónica García ou Sira Rego.

Tamén forman parte desa executiva Íñigo Errejón, Josep Vendrell, Candela López, Lander Martínez, Carlos Corrochano, Esther Gil de Reboleño, Javier Padilla, Elizabeth Duval, Enrique Santiago, Paula Moreno, Agustín Santos, María Eugenia Rodríguez Palop, Gerardo Pisarello, Silvia Mellado e Florent Marcellesi.

"Un paso máis"

Sumar explica que con este grupo, paritario e con participación de persoas tanto da sociedade civil como de organizacións políticas, dá un paso máis na súa construción como "suxeito político".

Na asemblea constituínte de 2024 votarase o órgano de dirección, un relatorio político e un relatorio organizativo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade