O Racing marcha de balde de El Alcoraz (1-0)

O colexiado sinalou unha pena máxima a prol do Racing e tras ver a xogada no VAR rectificou a decisión

Os de Cristóbal tentárono ata o final, pero non deron atopado o gol

G24.gal 10/12/2023 21:04

Non comezou o ben o Racing. Os erros en saída de balón condenaron os galegos xa nos primeiros minutos. Primeiro avisou Hashimoto cun disparo desde a frontal que parou Cantero. Á segunda non perdoaron. Clemente perdeu a pelota nunha condución ante Joaquín Múñoz, quen encarou a defensa rival e atopou libre a Javi Martínez na área. 1-0. Non quedaron aí os avisos locais. Cantero volveu actuar despois dunha xogada de estratexia culminada por Joaquín Múñoz, moi activo no partido. Espertou o Racing cun disparo de Carlos Vicente que marchou por riba do pau. Antes do descanso, tívoa o Huesca. Carlos Vicente cedeu mal o balón para Cantero, Joaquín Múñoz robou e desfíxose do propio Cantero e de Delgado. Con todo a favor, o dianteiro do Huesca enviou o balón fóra desperdiciando unha nova oportunidade.

Á volta dos vestiarios, Valentín avisou os ferroláns tras unha condución desde campo propio, pero o disparo marchou fóra. Cristóbal introduciu a Héber Pena, que revolucionou o encontro. O extremo comezou a empurrar polo equipo con xogadas desde a esquerda, pero sen ningún achegamento de perigo. O paso dos minutos impulsou o Racing. No minuto 76, o colexiado sinalou penalti a favor do Racing. Obeng derribou a Carlos Vicente na área do Huesca, pero, tras a revisión do VAR, o colexiado decidiu anular a pena máxima. Os ferroláns continuaron buscando o gol do empate nos últimos minutos. A partir do 80, sucedéronse as ocasións visitantes. Losada intentouno cun disparo desde a frontal pero Pulido rexeitouno. No 85, Carlos Vicente centrou e atopou a Manu Justo; o seu disparo marchou alto. Pero as máis claras chegaron no 89. Primeiro, un centro de Héber Pena que paseou pola área pequena local. Ese mesmo balón chegoulle a Cubero, que volveu poñer un centro á área, pero Sabin Merino non acertou co remate xa que Gerard Velntín apareceu de forma providencial. Nese mesmo córner, Bernal rematou de espora e marchou lambendo o pau

O Racing tentouno ata o final pero non foi suficiente para sumar os tres puntos. Os de Cristóbal seguen en postos de promoción con 31 puntos. O Huesca sumou a súa primeira vitoria como local, pero non lle serve para saír dos postos de descenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos