O Deportivo Liceo volve á senda da vitoria ante o Alcoi (2-1)

Os de Juan Copa venceron con sufrimento no Pazo dos Deportes

G24.gal 09/12/2023 17:34

O Deportivo Liceo acabou coa serie negativa de resultados das últimas semanas na OK Liga.

Venceu en Riazor ante o Alcoi por un axustado dous a un. O equipo coruñés marcou os seus dous tantos na primeira metade do encontro. O primeiro, por medio de Sito Ricart. O segundo, obra do portugués Tomás Pereira. Co dous a cero no marcador chegouse o tempo de lecer. No recomezo, o Alcoi atacou con insistencia, pero só logrou marcar de penalti a dous minutos do final. Gonzalo Pérez foi o autor do tanto.

O Liceo suma 18 puntos, momentaneamente  é quinto na táboa, e terá que agardar á última xornada da primeira volta, na que visita o Noia, xa en xaneiro, para confirmar a súa presenza na Copa do Rei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos