O Arenteiro perde na súa visita ao Rayo Majadahonda (2-0)

O Arenteiro pon fin á boa quenda de resultados cunha clara derrota no Cerro del Espino

Queda noveno, cos mesmos puntos que o Deportivo da Coruña, precisamente o seu próximo rival

@RMajadahonda
G24.gal 10/12/2023 21:43

O Arenteiro caeu derrotado no seu encontro da 16.ª xornada da 1.ª RFEF fronte ao Rayo Majadahonda. Os madrileños amosáronse moi superiores aos galegos, que a pesar de viren nunha moi boa dinámica, non deron posto en perigo un equipo que está na zona de descenso.

Primeiro Arnedo no minuto catro e na segunda metade (69') Jose Cortés cun golazo, sentenciaron o Arenteiro. O mesmo Jose Cortés dispuxo de varias oportunidades para poder aumentar a súa conta, pero o resultado quedou nese 2-0.

O Rayo Majadahonda achégase aos postos de salvación, mentres que o Arenteiro perde despois de seis partidos sen coñecer a derrota na liga. Os galegos quedan na novena posición, a catro puntos dos postos de play-off.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar