Mellora a situación nas zonas de Europa afectadas polas nevaradas

As comunicacións fóronse normalizando pero con dificultades

Aínda que o aeroporto de Múnic reabriu, só operou un terzo dos voos previstos 

G24.gal 03/12/2023 20:32 Última actualización 03/12/2023 21:19

Logo das nevadas que practicamente bloquearon o sur de Alemaña, chegou o sol e a xente saíu da casa a gozar das pistas de esquí.

O sábado poucos se aventuraran a poñer un pé na rúa. A cidade de Múnic, por exemplo, quedou case sepultada, con dificultades para o tráfico rodado, os servizos de tren suspendidos e o aeroporto pechado.

O aeródromo reabriu o domingo pola mañá, pero máis de dous terzos dos 880 voos previstos no día non puideron operar, entre eles polo menos unha trintena de conexións con aeroportos españois. O tráfico ferroviario tamén foi recuperando a normalidade, pero aínda con cancelacións e atrasos.

A neve complicou igualmente as comunicacións esta fin de semana en Escocia, Inglaterra, Austria ou a República Checa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade