Álex López: "Temos todas as posibilidades de facer unha temporada espectacular"

O capitán do Racing ve por fin unha comarca engaiolada e orgullosa do seu equipo

G24.gal 29/11/2023 17:45 Última actualización 29/11/2023 17:53

Non quere darlle moitas máis voltas o Racing á arbitraxe sufrida en Leganés. Pero non é doado esquecer que os danos colaterais persisten pola expulsión de David Castro.

"Semella que van mandar os colexiados á neveira".

"Pero a sanción a David continúa. Non sei como é posible. É un pouco estraño".

Álex López prefire sacar conclusións do exposto polo Racing no campo. Un equipo con personalidade e con poucas fisuras. O capitán é moi optimista coa temporada do equipo

"Non teño dúbidas. Temos todas as posibilidades do mundo de facer unha temporada espectacular".

Álex ve por fin unha comarca engaiolada e orgullosa do seu equipo. O domingo, ante o Albacete, intentará manter ese engado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos