A Policía Nacional detivo dúas persoas na Coruña durante a inspección técnica dun edificio ocupado

Os dous detidos estaban en busca e captura

G24.gal 31/10/2023 20:50 Última actualización 31/10/2023 21:11

Na Coruña, a Policía Nacional detivo dúas persoas cando os axentes estaban a prestar apoio na inspección técnica dun edificio ocupado. 

Formaban parte dos efectivos municipais e policiais desprazados estes martes ao número 120 da Ronda de Nelle para comprobar a seguridade do inmoble e evitar desprendementos.

Foi entón cando os axentes identificaron a estas persoas que estaban en busca e captura.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar