'Espazos en branco', unha Xela Arias inédita na crítica de Begoña Vázquez
'Espazos en branco', unha Xela Arias inédita na crítica de Begoña Vázquez
O documental Espazos en branco de Bruno Arias estreáse en Cineuropa
O soño da Sultana chega ás carteleiras de cine
Malena Alterio deslumbra en Que nadie duerma
Cineuropa estrea o documental Espazos en branco de Bruno Arias, o sobriño da escritora e poeta Xela Arias. É un filme absolutamente persoal e íntimo, non é unha película da poeta nin da súa parte máis artística.
E chega aos cines a película de animación O soño da Sultana da donostiarra Isabel Herguera e coa galega Chelo Loureiro como produtora executiva. Cunha animación case “ourive”, como de “encaixe camariñán”, o filme trasládanos ata a India, da man dunha debuxante chamada Inés. É unha fermosa fábula feminista.
E como estrea da semana Begoña Vázquez destaca Que nadie duerma, cun protagonismo absoluto da actriz Malena Alterio. É unha adaptación da novela homónima de Juan José Millás. É un filme de Antonio Méndez que comeza case como denuncia social, evoluciona cara o thriller e ten un final absolutamente inesperado e sorprendente.