Vivir nunha Curva, unha iniciativa privada no extrarradio do extrarradio

Na parroquia de Meira, no concello de Moaña, leva fervendo dende hai meses un novo espazo para a cultura

O nome vén dunha peza de videoarte dos anos 80 de Nel Díaz Piñeiro, un dos cabezas do proxecto

Na actualidade ten aberta unha mostra dos fotógrafos Olga García, Miguel Núñez e John van Schilit
 

G24.gal 06/11/2023 15:07 Última actualización 06/11/2023 16:22

Na ría de Vigo agroman os proxectos creativos. Na parroquia de Meira, no concello de Moaña, un grupo de artistas mantén en pé o espazo Vivir nunha Curva.  O que foi unha tenda de deportes mudou nunha iniciativa que convoca creadores.

Dende o verán prolóngase a exposición Agosto tripolar, que reúne as moi diferentes olladas de tres fotógrafos do Morrazo.   

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar