Mar

As confrarías advirten de que está en perigo a campaña marisqueira de Nadal e tamén as futuras
17/11/2023 10:20
O presidente da Federación Galega de Confrarías de Pescadores, José Antonio Pérez Sieira, alerta sobre a posibilidade de que a mortaldade de marisco pola gran cantidade de auga doce nas rías comprometa as futuras campañas marisqueiras máis alá do Nadal
Nunha entrevista na Radio Galega, Pérez Sieira pídelle ao novo Goberno que escoite e defenda os intereses do sector pesqueiro galego, sobre todo en relación cos plans de implantación da eólica mariña

A conserveira Calvo pasará a chamarse Nauterra co fin de unificar a súa imaxe no estranxeiro
14/11/2023 16:33
Este cambio de nome, tras oitenta anos, non afectará ao etiquetado dos produtos que chegan aos consumidores

A mortaldade dalgunhas especies de bivalvo preocupa as mariscadoras da ría de Pontevedra
14/11/2023 13:37
O exceso de auga doce debido á chuvia que deixaron os temporais provocou a baixada da salinidade

A UE adopta novas medidas en control pesqueiro
13/11/2023 12:24
Rexistro dixital obrigatorio das capturas e buques que deberán contar con sistemas de seguimento

O comezo con mar malo da campaña do percebe en Aguiño
11/11/2023 15:30
Poucos mariscadores deron alcanzado a cota de cinco quilos no primeiro día
Prevén apañar crustáceo ata xaneiro ou febreiro

A Xunta mantén que a lei galega do litoral garante o futuro e respecta o medio
11/11/2023 14:52
O conselleiro do Mar considera que o recurso ante o Tribunal Constitucional é unha falta de respecto á cidadanía
Mantén que supón un impedimento para desenvolver proxectos sostibles e respectuosos co medio

As primeiras centolas da tempada triunfan nos mercados galegos
11/11/2023 13:41
En Pontevedra atopámolas desde os 16 euros o quilo ata os 27

Profesionais do mar e a cociña conflúen na Coruña no Foro Galicia sabe amar
08/11/2023 14:34
O fío condutor foi, desta volta, a xestión sostible do territorio mariño
.png)
Comeza a campaña da centola en Galicia e os primeiros exemplares chegan ás lonxas
06/11/2023 21:29
No Grove o quilo superou os 25 euros

A Xunta oficializa o peche ata maio da campaña marisqueira en Noia
03/11/2023 19:55
Este xoves aprobouse unha veda adiantada na ría por causas "de forza maior"