O ultraliberal Javier Milei toma posesión este domingo como presidente da Arxentina
O ultraliberal Javier Milei toma posesión este domingo como presidente da Arxentina
Aos actos acoden mandatarios internacionais coma Filipe VI ou Volodímir Zelenski
Milei ten por diante o reto de reflotar a maltreita economía arxentina
Entre as súas medidas anunciadas está unha vaga de privatizacións de empresa públicas
A Arxentina prepárase para o comezo da lexislatura do ultraliberal Javier Milei, que este domingo toma posesión do seu cargo como presidente.
Os principais escenarios deste día son o Congreso da Nación e a Casa Rosada, sede do Goberno. Numerosos mandatarios internacionais estarán presentes, entre eles o rei Filipe VI, que xa mantiña onte un encontro con Milei, e o presidente de Ucraína. Esta é a primeira viaxe de Volodímir Zelenski a América Latina.
Javier Milei ten por diante o reto de reflotar a maltreita economía arxentina. Entre as súas medidas anunciadas está unha vaga de privatizacións de empresa públicas.