Filipe VI viaxa á Arxentina e reúnese con Javier Milei
Filipe VI viaxa á Arxentina e reúnese con Javier Milei
O monarca vai representar a España este domingo na cerimonia de toma de posesión do dirixente ultraliberal
Filipe VI chegou este sábado á sede do Ministerio de Relacións Exteriores da Arxentina, onde se reuniu co mandatario electo dese país.
O Rei e Javier Milei conversaron sobre a situación dos dous países, así como das relacións entre ambos. Este domingo o monarca vai representar a España na cerimonia de toma de posesión do dirixente ultraliberal, quen pronunciará o seu primeiro discurso como novo presidente arxentino ante a cidadanía desde as escalinatas do Congreso.
Nesta viaxe, Filipe VI está acompañado polo secretario de Estado para Iberoamérica, Juan Fernández Trigo, e non polo ministro de Exteriores, que vai presidir o luns en Bruxelas o último consello europeo de Exteriores da presidencia española. O Rei tamén ten previsto reunirse co presidente saínte, Alberto Fernández.