Vida
Os deseños incónicos dos 40 anos de Verino preceden a Semana da Moda de Madrid
13/09/2022 21:31
A colección tamén é unha homenaxe á súa filla, finada hai uns meses
Sensoxenoma22, un concerto que estuda as emocións no ADN
13/09/2022 14:41
Un concerto experimental da Real Filharmonía recollerá mostras biolóxicas en 1.000 asistentes para indagar no impacto emocional da música e a súa aplicación terapeútica
O proxecto do centro investigador de Santiago de Compostela reúne prestixiosos organismos e personalidades de todo o mundo
Un robot camareiro sorprende os clientes cantándolles polo aniversario
12/09/2022 21:55
Chámase Miau e é un dos atractivos dun restaurante xaponés de Vigo
Novos cardeais para unha Igrexa "máis universal e máis integradora"
12/09/2022 19:27
Teólogos e historiadores analizan o novo golpe de efecto do papa Francisco
Danielle chega finalmente a Galicia como un temporal preoutonal
12/09/2022 14:42
A borrasca tropical traerá precipitacións que poden chegar aos 40 l/m2 en doce horas no litoral atlántico
Aviso amarelo na costa de Fisterra ata A Guarda porque os chuvascos poden ser puntualmente intensos
Aviso amarelo por refachos de vento forte nas zonas altas de Lugo e Ourense
Sol e calor en Ourense con temperaturas de 35 e 36 graos na conca do Miño-Sil
11/09/2022 21:55
A máxima de Galicia rexistrouse na estación meteorolóxica da Portela, no concello ourensán de Vilamartín de Valdeorras
A calor tornouse abafante nas localidades bañadas polo Miño, onde rozaron os 35 graos, por exemplo, en Leiro e na Arnoia, e os 34 en Castrelo de Miño ou os 33 de Verín
Mentres chega a borrasca e as chuvias o tempo de verán resístese a marchar
O tostado do Ribeiro é un viño tradicional, considerado o rei dos viños galegos
11/09/2022 15:18
Adegas Celme, en Castrelo de Miño, é unhas das poucas na D. O. do Ribeiro que segue a elaborar este viño, un dos máis peculiares e escasos de Galicia
É un viño doce que sae da pasificación natural das uvas autoctóctas de variedades brancas
Despois dun mínimo de tres meses secando os acios ao natural sae un mosto moi concentrado co que se elabora este caldo, considerado unha xoia enolóxica
O Camiño tamén visibiliza o trastorno autista
11/09/2022 14:59
Un grupo de rapaces con TEA viaxa dende Turín para experimentar as bondades da ruta xacobea
O GRS da Garda Civil encargouse de vixiar e asistir os peregrinos dende Sarria
Últimas rabexadas do verán galego máis caloroso da historia
11/09/2022 14:32
O informe de Meteogalicia apunta a que o volume das precipitacións moveuse dentro da normalidade
O verán de 2022 é o máis cálido dende que hai rexistros, con 1,6 graos por riba da temperatura habitual