Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sucesos

O acusado de bater contra Jéssica Méndez pide "perdón": "Oxalá aquel día non collese o coche"

15/03/2024 14:11

Os peritos da defensa de Eirín din que "estaba freando" no momento da colisión. A súa tese contradí a dos axentes de Tráfico, que falan dun sinistro "consciente" e  "voluntario"

O luns comezará a deliberación do xurado popular


Igrexas ourensás sofren catro asaltos nun mes e medio

15/03/2024 14:06

Na de Santa María de Entrambosríos, na Merca, intentárono dúas veces

Tamén forzaron as portas en Soutomaior de Taboadela e na igrexa das Marabillas, en Cartelle

Etiquetas:  ROUBOS

Falece un traballador de 25 anos golpeado por un vehículo nunhas obras en Vigo

15/03/2024 13:48

O accidente laboral produciuse a mediodía na subida Viña Grande, en Alcabre

Trátase do segundo caso de falecemento dun traballador esta semana en Vigo



Un home mata a súa nai e seu pai enfermos e suicídase en Barcelona

15/03/2024 12:20

O cadáver da nai foi localizado nunha vivenda da capital catalá, e o do pai e o fillo, noutra dun concello da área metropolitana

Etiquetas:  BARCELONA

Investigan dúas persoas por suplantar a identidade nun exame de conducir en Santiago

15/03/2024 12:09

Os funcionarios dubidaron da identidade dun individuo a pesar de que portaba o DNI verdadeiro do aspirante, co que gardaba gran parecido físico

Os dous homes enfróntanse a unha pena de prisión de 6 meses a 3 anos e a unha multa de 6 a 12 meses


O Supremo absolve os líderes de Ausbanc e Manos Limpias de extorsionar bancos

15/03/2024 11:51

A Sala do Penal anula a condena imposta pola Audiencia Nacional nunha causa en que non quedou probado que exercesen esa presión para retirar a acusación contra a infanta Cristina no caso Nóos


Vehículos implicados no accidente (EFE/Andreu Esteban)

Morre unha persoa e cinco quedan feridas nun accidente en Castelló con 40 vehículos implicados

15/03/2024 11:28

O sinistro produciuse na AP-7, á altura do concello de Nules, a causa da mesta néboa


Cae en Ourense unha trama de tráfico ilegal de aves con conexións internacionais e estafados en toda España

15/03/2024 10:46

Un veciño de Verín está detido e outras dúas mulleres da provincia de Ourense están investigadas como cooperantes necesarias

A investigación comezou en 2022 nun criadeiro de papagaios en Allariz

Unha vez feito o primeiro ingreso, o arrestado solicitaba máis cartos aos compradores antes de proceder á entrega da ave, e nalgún caso non chegou a entregar o animal

Os certificados sanitarios das especies eran falsos


O detido foi trasladao ata a comisaría de Lugo

Deteñen o estafador de ricos en Outeiro de Rei, que era buscado por 17 reclamacións de xulgados de toda España

15/03/2024 09:49

O detido di que ten mitomanía e que crea unha identidade falsa

Publicidade
Publicidade